jueves, 7 de noviembre de 2013

Jueves día 7 de Noviembre






Organizada por AJE Ferrolterra e o Concello de Ferrol, terá lugar o próximo venres 8 de novembro, de 9:00h- 11:30h no Hotel Almirante. Para empresas e emprendedores. 

Esta dirixida a empresarios/as que queiran difundir a súa actividade e captar novos clientes; coñecer novas posibilidades e valorar novas liñas de negocio; contactar con posibles colaboradores, socios...; recibir asesoramento doutras empresas e entidades; apoiar proxectos interesantes de novos emprendedores.
Ou a emprendedores que queiran dar a coñecer o seu proxecto e promocionalo; descubrir posibles inversores; recibir asesoramento experto de empresas do seu sector; contactar con posibles colaboradores, socios...; coñecer profesionais que respondan a futuras necesidades; compartir experiencias con outros emprendedores; ou xerar novas ideas empresariais

Cada participante disporá de dous minutos para presentar o seu proxecto/empresa ante outros asistentes. Irán rotando polas diferentes mesas, para que, ao final, cada participante teña presentado o seu proxecto/empresa ao número total de participantes. Poderase facer múltiples contactos en moi pouco tempo. A orde das rotacións será indicada, ao comezar a xornada, polos organizadores.

Para máis información e inscricións:
aje@cofernet.com
981333322

No hay comentarios:

Publicar un comentario