viernes, 29 de enero de 2016

PRUEBAS PARA OBTENER EL TÍTULO DE GRADUADO EN (ESO) PARA MAYORES DE 18 AÑOS



A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de maio e setembro.

REQUISITOS:
Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
Non estar en en posesión do título de graduado en educación secundaria.
Non esta ren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
Non estar en nin ter en estado matriculadas no curso 2015/16 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.


O alumnado matriculado durante o curso 2015/16 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

PRAZOS DA MATRÍCULA:
Convocatoria de maio: do 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
Convocatoria de setembro: do 1 de xullo ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.

As probas realizaranse en sesións de mañá e tarde os días 27 de maio e 8 de setembro para as respectivas convocatorias.

CENTROS:
A Coruña:
Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero 3.
IES Rafael Dieste, prol. Manuel Murguía/esq. Rda. de Outeiro.

Ferrol:

Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns s/n.
Santiago de Compostela:
IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n.
IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente 3.


As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento ED540A
Máis información no DOG do 28 de xaneiro de 2016 e en http://www.edu.xunta.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario