lunes, 7 de marzo de 2016

CURSOS DE FORMACIÓN HABILITA 2016 EN NARÓN.

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN HABILITA 2016

O vindeiro luns 7 de marzo ábrese o prazo para solicitar a participación nas accións formativas do programa "Habilita 2016".

Estas accións formativas están dirixidas a veciños e veciñas de Narón desempregados/as e maiores de 18 anos.

Onde presentar as solicitudes?

As solicitudes débense presentar no Rexistro Xeral do Concello de Narón, entre as 08:30 e as 13:30 horas.

Onde atopar o formulario?

Podes recollelo no Rexistro Xeral ou descargar o arquivo que atoparás ao pé desta nova.

Cursos do Programa Habilita 2016 B






Cales son os criterios de selección?

O alumnado escollerase en base á orde de inscrición no Rexistro. A maiores, para o Curso de "Conversación en inglés" todas as persoas interesadas en participar deberán dispor dun nivel mínimo de inglés, polo que haberá que superar unha proba de nivel entre as persoas admitidas.

Prazas para persoas en risco

En cada curso, reservaranse 3 prazas para persoas en situación de risco de exclusión social, que serán derivadas polo Servizo Sociocomunitario. En caso de non quedar cubertas, quedarías vacantes e pasarían a disposición das inscricións a través de Rexistro.

Orde de preferencia:

Na inscrición hai que indicar a orde de preferencia dos cursos ofertados, indicándoos co número 1 e 2. Só se poderán solicitar dous cursos.

Documentación

A documentación a presentar en caso de ser admitido:
Fotocopias cotexadas da tarxeta de demandante de emprego.
NIF (ou similar).
Débese presentar nun máximo de 3 días dende a comunicación de admisión.

Precisas máis información?
Para máis información podes contactar co equipo do Servizo Sociocomunitario:

Ángela Lagoa: 981 337 700 ext 1123.
Ángel Álvarez: 981 337 700 ext 2602.
Margarita Fresnillo: 981 337 700 ext 1120.
Montse Garel: 981 337 700 ext 1107

MODELO DE SOLICITUD. Modelo de inscripción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario