jueves, 15 de septiembre de 2016

COOPERAMOS II. ENCONTRO DE BOAS PRÁCTICAS COOPERATIVAS.



A Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, en colaboración coa Secretaria Xeral de emprego da Consellería de economía, emprego e industria da Xunta de Galicia, organiza a Xornada “Cooperamos II. Un encontro de boas prácticas cooperativas”

Esta xornada ten como principal obxectivo divulgar as potencialidades da fórmula cooperativa como xeradora de emprego e riqueza. Vai dirixida ao público en xeral, pero resultará de especial interese para persoas desempregadas, emprendedoras, titulares de pequenos negocios ou colectivos que comparten algunha necesidade susceptible de poder atenderse baixo os principios da unión e a cooperación.

A Xornada se celebrará o día 30 de setembro no salón de actos da Cooperativa do Val en Narón, en horario de maña e tarde.

Podedes inscribirvos no seguinte enlace: https://comarcaferrolterra.wordpress.com/

Aquí tedes o programa da xornada:


Máis información en:

No hay comentarios:

Publicar un comentario