jueves, 8 de septiembre de 2016

¿QUERES SABER MÁIS SOBRE O COOPERATIVISMO?

O día 20 de setembro impartiranse na ASCM de Ferrol, en horario de 11.30 a 13:00 horas, unhas charlas sobre o cooperativismo, pertencentes ao programa "COÑECENDO A FÓRMULA COOPERATIVA", organizadas pola Mancomunidade de concellos da Comarca de Ferrol. O obxecto destas actividades é impulsar e fomentar o cooperativismo e a economía social, mediante o estímulo do autoemprego e emprendemento cooperativo. O programa é o seguinte:

  • Presentación da oficina local de fomento cooperativo da Mancomunidade de Concellos de Ferrol e da Rede Eusumo.
  • As cooperativas como modelo empresarial: características e particularidades das cooperativas, entorno cooperativo, principios e valores cooperativos.
  • Tipos de cooperativas.
  • Diferenzas con outras fórmulas xurídicas.
  • Algunhas experiencias cooperativas da comarca.


Dende a ASCM animámosvos a participar e esperamos a vosa inscripción!





No hay comentarios:

Publicar un comentario