viernes, 1 de septiembre de 2017

AMPLIADO EL PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA VARIOS CURSOS DEL CONCELLO DE NARÓN

A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou a ampliación do prazo de solicitudes da convocatoria para un total de seis accións formativas do Programa municipal de Formación 2017. As convocatorias diríxense a persoas desempregadas, empadroadas en Narón e maiores de 18 anos, tal e como recalcou a edil naronesa. Nesta ocasión os cursos para os que se amplía o prazo son de “Soldadura MAG”, “Prevención de riscos laborais”, “Medio ambiente e PRL Naval” –con dúas edicións-, “Traballos en altura e verticais”, “Mellora da empregabilidade” e “Autoemprego”.

O prazo de solicitudes para a acción formativa de “Soldadura MAG” permanecerá aberto desde o vindeiro luns, día 28 ás 8.30 horas ata o 7 de setembro ás 13.00 e o formulario de solicitudes está dispoñible no Rexistro Xeral do Concello de Narón, podendo tamén descargarse da páxina web do Concello de Narón, a través do seguinte enlace: http://www.naron.es/web/docs/formacion/SOC14_2017-Soldadura-instancia.pdf  . As persoas interesadas en realizar o curso deben acreditar no momento da solicitude de inscrición un mínimo de seis meses de experiencia profesional como soldador/a, un informe da vida laboral actualizado e contrato/s de traballo que acrediten a citada experiencia. A convocatoria, tal e como recordou Hermida, terá unha duración total de 250 horas –as últimas 100 serán de prácticas profesionais non laborais en empresas do sector- e diríxese a un máximo de quince alumnos/as. As sesións formativas desenvolveranse nas instalacións do Centro Municipal de Formación da Gándara, a partir do 11 de setembro, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00.

No caso das cinco accións formativas restantes –“Prevención de riscos laborais” (20 persoas), “Medio ambiente e PRL Naval” (20 persoas), Traballos en altura e verticais” (12 prazas), “Mellora da empregabilidade” (15 persoas) e “Autoemprego” (15 prazas)- o prazo de solicitude estará aberto desde o 11 de setembro ás 8.30 horas ata o 22 de setembro ás 13.00.

Os cursos impartiranse nas instalacións do Centro Municipal de Formación, na Gándara. O de “Prevención de riscos laborais”, de 60 horas, será do 31 de outubro ao 16 de novembro; o de “Medio Ambiente e PRL Naval” terá dúas edicións, de 16 horas cada unha e que serán do 11 ao 18 de outubro e do 17 ao 22 de novembro; o de “Traballos en altura e verticais”, de 40 horas, será do 24 de novembro ao 5 de decembro; o de “Mellora da empregabilidade”, de 50 horas, do 21 de novembro ao 5 de decembro e, por último, o de “Autoemprego”, de 100 horas, do 23 de outubro ao 20 de novembro. As instancias para solicitar estas cinco accións formativas poden recollerse no Rexistro municipal do Concello de Narón ou descargalas a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/formacion/SOC14_2017ampliaci%C3%B3n.pdf

Nestas accións do Programa Municipal de Formación 2017 os interesados poderán indicar a orde de preferencia das accións formativas, cos números 1 e 2, podendo solicitar como máximo dous cursos.
As persoas interesadas en solicitar máis información ao respecto poden facelo a través do Servizo Sociocomunitario Municipal, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 2602, 1123, 1120 ou 1107).

“Estas accións formativas suman case seiscentas horas de formación e permitirán á veciñanza desempregada de Narón ter a oportunidade de formarse en diferentes especialidades a través deste programa municipal impulsado polo Concello de Narón”, destacou a responsable da área de Formación do Concello.


No hay comentarios:

Publicar un comentario