jueves, 12 de abril de 2018

A XUNTA DE GALICIA CONVOCA 24 PRAZAS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

24 novas prazas de emprego público 
nunha oposición reservada
a persoas con discapacidade intelectual.

As persoas que desexen participar na oposición
deberán solicitalo a través do modelo de SOLICITUDE 
que se facilita de balde 
na páxina web funcionpublica.xunta.gal

Tamén é necesario
achegar a copia compulsada*
do CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE 
e que se acredite cos papeis médicos
a discapacidade intelectual.

*Copia compulsada quere dicir
achegar o certificado de discapacidade
e unha copia do mesmo certificado
para que na Xunta poidan comprobar
que é oficial.

O prazo para presentarse
remata o 8 de maio.

MÁIS INFORMACIÓN:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/29601/xunta-convoca-24-prazas-emprego-publico-nunha-oposicion-reservada-persoas-con

TELÉFONO DE CONTACTO:

981 545 227

No hay comentarios:

Publicar un comentario