martes, 5 de febrero de 2019

ACREDITACIÓN COMPETENCIAS PROFESIONAIS (TR305A)

CUALIFICACIÓNS
  •   Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas
  •   Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 250 prazas
  •   Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 225 prazas
  •   Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 225 prazas
  •   Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas
  •   Docencia da formación para o emprego (SSC448_3): 100 prazas
  •   Operacións auxiliares de fabricación mecánica (FME031_1): 100 prazas

REQUISITOS
a)  Posuír a nacionalidade española; estar incluído, como residente comunitario ou familiar deste; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
b) Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, para o caso de solicitar unidades de competencia de nivel 1 e 20 anos cumpridos para os niveis 2 e 3.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
1º. No caso de experiencia laboral:
1) Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos.
2) Para as unidades de competencia de nivel 1, xustificar polo menos 2 anos, cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total nos últimos 10 anos.
2º. No caso de formación non formal:
1) Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos.
2) Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 1, xustificar polo menos 200 horas nos últimos 10 anos.
Naqueles módulos formativos que consideren unha duración inferior, deberán acreditarse as horas establecidas nestes.
d) Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
e) Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/das unidade/s de competencia que solicita.
f) Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.
*As persoas candidatas, maiores de 25 anos, que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación indicados no punto anterior, e que non os poidan xustificar mediante os documentos sinalados, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento.

INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN
Consellería de Economía, Emprego e Industria                            Teléfono: 981 546 840

 DOCUMENTACIÓN PARA A PRESENTACIÓN
- Solicitude (Anexo III).
*As persoas que xa presentasen documentación en anteriores convocatorias, non terán que achegar a documentación presentada anteriormente.
*Só poderán realizar unha única solicitude. Con carácter excepcional:
!   No ámbito do socorrismo acuático poderá solicitarse, na mesma solicitude, a inscrición en unidades de competencia pertencentes ás cualificacións profesionais de Socorrismo en instalacións acuáticas (nivel 2) e Socorrismo en espazos acuáticos naturais (nivel 2).
- No caso de persoas estranxeiras, permiso de traballo, só no caso de non dispor da acreditación de residencia en España en vigor.
- No caso de cidadáns comunitarios que non estean recollidos na situación anterior, certificado do rexistro de cidadán ou cidadá comunitario ou tarxeta familiar de cidadán da Unión Europea ou, se é o caso, copia do pasaporte en vigor.
-  Curriculum vitae europeo (Anexo IV).
Certificado acreditativo de discapacidade en vigor, naqueles casos en que o certificado non sexa emitido pola Xunta de Galicia ou no caso de que a persoa solicitante se opoña expresamente á súa consulta.
- Documentación para as persoas solicitantes que acrediten experiencia laboral:
1º. Para persoas traballadoras asalariadas:
1) Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade a que estivesen afiliados, onde conste a empresa, a categoría laboral (grupo de cotización) e o período de contratación.
2) Certificación da empresa onde adquirisen a experiencia laboral (Anexo V).
2º. Para persoas traballadoras autónomas ou por conta propia:
1) Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou do Instituto Social da Mariña dos períodos de alta na Seguridade Social no réxime especial de traballadores autónomos.
2) Descrición da actividade desenvolvida (Anexo V).
3º. Para persoas voluntarias ou bolseiras:
Certificación da organización onde se prestase a asistencia (Anexo V).
- Solicitantes que acrediten formación non formal:
Copia compulsada do documento que acredite que a persoa candidata posúe formación relacionada, no cal consten os contidos formativos impartidos, as datas en que se realizaron, as horas de duración da acción formativa, a entidade que expide o certificado e o título da actividade de formación.
- Persoas candidatas maiores de 25 anos, que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación, e que non os poidan xustificar mediante os documentos sinalados, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento.
- Copia da/das acreditación/s parciais de unidades de competencia ou módulos de formación que dean dereito á acreditación da/das cualificación/s solicitada/s.

DÓNDE


No hay comentarios:

Publicar un comentario