martes, 26 de abril de 2022

Cabanas abre a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de auxiliar administrativo

O Concello de Cabanas anuncia a constitución dunha bolsa de emprego de auxiliar administrativo para a cobertura de prazas vacantes de maneira transitoria, acumulación de tarefas ou a execución de programas de carácter temporal.

Tal e como está establecido nas bases da convocatoria, as persoas aspirantes a esta bolsa deberán contar coa titulación mínima de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente, de acordo coa categoría da praza (C2).

As persoas interesadas dispoñen de 5 días hábiles desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña (desde este martes, 26 de abril, até o luns 2 de maio, ambos incluídos) para presentar as correspondentes solicitudes.

Descarga | Anuncio BOP

No hay comentarios:

Publicar un comentario