martes, 8 de mayo de 2018

ACCIÓNS FORMATIVAS - CONCELLO DE NARÓN

Curso de soldadura TIG e MIG


Destinatarios/as: desempregados/as empadroados/as no Concello de Narón, maiores de 16 e
menores de 30 anos e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Colectivos preferentes: desempregados/as de longa duración; de orixe estranxeira; con
diversidade funcional; de etnia xitana.

Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello de Narón, ou por calquera
outro medio dos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas.

Prazo de solicitudes: Desde o 7 de maio ás 8:30 horas ata o 1 de xuño de 2018 ás 13:00 horas.

Formulario de solicitudes: Dispoñible no Rexistro Xeral e na Sede Electrónica do Concello
de Narón.

Documentación a presentar coa solicitude: Certificado de inscrición no Sistema Nacional de
Garantía Xuvenil (expedido polo Servizo Público de Emprego).

Selección do alumnado:

1. Comprobación dos requisitos de acceso
2. Baremación.
3. Entrevista personalizada. Documentación a presentar, no momento da entrevista:
  • Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego, DNI/NIE (ou similar),
  • Currículo Vitae.
  • Documentación que acredite o colectivo/s que pertence, de ser o caso: 
  • Certificado do Servizo Público de Emprego (Desempregados/as de longa duración)
  • Documentación de Identidade (desempregados/as de orixe estranxeira)
  • Certificado de minusvalía Xunta de Galicia (desempregados/as con diversidade funcional).
  • Informe social (desempregados/as de etnia xitana).

4.-Proba de aptitude médica.

Admitidos/as: Comunicarase telefónicamente a admisión ás/ós participantes. Ademais, publicarase no taboleiro de anuncios do Concello o listado valorado das persoas admitidas, suplentes e excluídas.

Para máis información, contactar coas seguintes persoas do Servizo Sociocomunitario:

Angel Alvarez: 981 337 700, ext. 2602
Angela Lagoa: 981 337 700, ext. 1123
Margarita Fresnillo: 981 337 700, ext. 1120
Montse Garel: 981 337 700, ext. 1107

E na sección de servizos, formación e actividades municipais da páxina web do Concello.

http://www.naron.es/web/docs/formacion/Proxecto-Formativo-Mocidade-Naron-Activa.pdf


Cursos "Medio Ambiente e PRL sector Naval" e "Traballos en  altura e verticais"


Destinatarios/as: desempregados/as empadroados/as en Narón, maiores de 18 anos.
O requisito do empadroamento será verificado o último día do prazo de presentación de
solicitudes e o da idade terá que cumprirse no primeiro día do curso.

Prazo de solicitudes: Desde o 7 de maio ás 8:30 horas ata o 18 de maio de 2018, ás
13:30 horas.

Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello de Narón, de
8:30 a 13:30 horas.

Formulario de solicitudes: Dispoñible no Rexistro Xeral e na Sede Electrónica do
Concello de Narón.

Selección do alumnado:
  • Por rigurosa orde de inscrición.
  • Reserva de tres prazas en cada curso de derivación polo Servizo Sociocomunitario.
  • Haberá que cumprir os requisitos que requiren a realización das accións formativas e a súa certificación e deberán acreditar que dipoñen da formación básica de 60 horas en Prevención de Riscos Laborais. Polo que, xunto coa instancia presentarase copia desta titulación.

Admitidos/as: Comunicarase telefónicamente a admisión ás/ós participantes cunha antelación
mínima de 3 días antes do inicio de cada curso. Ademais, publicarase no taboleiro de anuncios do Concello o listado de persoas admitidas, suplentes e excluídas.

Documentación a presentar, no caso de ser admitido/a:
  • Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego e NIF (ou similar), no prazo de tres días dende a comunicación da admisión.
Para máis información, contactar coas seguintes persoas do Servizo Sociocomunitario:

Angel Alvarez: 981 337 700, ext. 2602
Angela Lagoa: 981 337 700, ext. 1123
Margarita Fresnillo: 981 337 700, ext. 1120
Montse Garel: 981 337 700, ext. 1107

E na sección de servizos, formación e actividades municipais da páxina web do Concello.

http://www.naron.es/web/docs/formacion/Medio-Ambiente-PRL-Naval-Traballos-Altura-Verticais.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario