O proxecto Galeuropa consiste nunha experiencia de traballo de 3 meses no estranxeiro (en Reino Unido, Italia ou Polonia).
Cubre os custes de viaxe, aloxamento, seguro e manutención no destino. Ademáis, as persoas participantes recibirán apoio lingüístico e cultural tanto do Xeración Team como do socio de acollida para que a integración sexa o máis doada posible.
Está previsto que todas as mobilidades comecen o 1 de septembro e finalicen o 30 de novembro. Podería darse que as datas finais varien en 1/2 semanas.
REQUISITOS:
- Ter entre 18 e 30 anos.
- Estar inscrito no momento da solicitude no Sistema de Garantía Xuvenil.
- Non ter participado con anterioridade no Programa Galeuropa.
- Residir en Galicia.
- Non estar a traballar.
- Non estar a recibir ningunha acción formativa (universidade, curso do paro, ciclo…).
- Con motivación para descubrir outra cultura, lingua e maneira de traballar.
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 30 DE XULLO
No hay comentarios:
Publicar un comentario