miércoles, 22 de agosto de 2018

BOLSA EMPREGO PÚBLICO - CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO

Bases que han de rexer o proceso selectivo, mediante o sistema oposición libre, de constitución dunha bolsa integrada por persoal susceptible de ser nomeado funcionario interino da Escala de Administración Especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, categoría oficial de servizos–condutor e servizos múltiples (C2).

REQUISITOS DAS/OS ASPIRANTES:

a) Ter a nacionalidade española. Tamén poderán participar nestas probas os nacionais doutros Estados nos termos do artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia.

b) Non padecer nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenrolo das correspondentes funcións.

c) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Título de Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional de Grado Medio ou título equivalente nos termos da disposición adicional 31º da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

e) Permiso de Condución C e Certificado de Aptitude Profesional

f) Non ter sido separado do servizo ou despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos Órganos Constitucionais ou Estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desenrolo de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratara de acceder á mesma categoría profesional á que se pertencía.

No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

SOLICITUDES:

No prazo de DEZ días hábiles dende o día seguinte á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia, as persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no Rexistro xeral do Concello de 9:00 a 14:30 hrs ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

MÁS INFORMACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario