Duración: 12 meses
Plan:
- Información, orientación e asesoramento.
- Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
- Formación para o emprego.
- Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
- Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
- Fomento da capacidade emprendedora.
- Prospección empresarial.
- Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
- Prácticas profesionais non laborais en empresas.
- Mobilidade laboral.
Establecéronse seis itinerarios que poderán ser modificados en función dos perfís das persoas participantes e da demanda por parte das empresas da comarca de Ferrolterra.
Estes itinerarios son os seguintes:
Itinerario 1: Dependente de comercio
Itinerario 2: Xestión de almacén-reposición
Itinerario 3: Operador/a de produtos alimentarios
Itinerario 4: Técnicas de limpeza
Itinerario 5: Actividades polivalentes para construción e industria
Itinerario 6: Atención sociosanitaria.
Colectivos prioritarios:
- Persoas en risco de exclusión social (incluídas as persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia).
- Menores de 30 anos con baixa cualificación.
- Persoas con discapacidade.
- Menores de 30 anos.
- Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
- Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.
- Persoas desempregadas beneficiarias da axuda do programa de recualificación profesional (Prepara).
- Mulleres.
- Persoas inmigrantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario