martes, 2 de febrero de 2016

CURSOS DE FORMACIÓN : HABILITA 2016 EN NARÓN.

ACCIÓNS FORMATIVAS NO PROGRAMA MUNICIPAL DE FORMACIÓN HABILITA 2016.
  • - Destinatarios/as: veciños/as de Narón desempregados/as. Maiores de 18 anos.
  • Lugar de presentación de solicitudes:Rexistro Xeral do Concello de Narón, de 8:30 a 13:30 horas.
  • Formulario de solicitudes: Dispoñible no Rexistro Xeral.
  • Prazo de solicitudes: Desde o 1 de febreiro ao 19 de febreiro.
  • Selección do alumnado: Por rigurosa orde de inscrición
  • - Reservaranse tres prazas por curso para persoas consideradas en situación de risco de exclusión social, que serán derivadas polo Servizo Sociocomunitario. Non sendo posible cubrir estas prazas, quedarían vacantes para ser cubertas a través das solicitudes rexistradas por orde de inscrición.
  • - Na inscrición poderase indicar a orde de preferencia das accións formativas, indicándoo cos números 1 e 2. Só se poderán solicitar dous cursos, como máximo.
  • - Documentación a presentar, no caso de ser admitido/a: fotocopias cotexadas tarxeta de demandante de emprego e NIF (ou similar), no prazo dun día dende a comunicación da admisión.
  • - O alumnado seleccionado terá que comprometerse a cumprir as normas dos cursos.
  • - O concello resérvase a posibilidade de anular aqueles cursos nos que non se cubra o 70% do alumnado previsto. Poden establecerse outras porcentaxes de alumnado mínimo, para poder iniciar a acción formativa.

  • CURSOS:
Ámbito de inclusión tecnolóxica (520 horas)
Código CursoAcción formativaLugarNúm. alumnos/asHorasDatasHorario
001Xestión empresarial con software libre; ContaSol e FactuSolCentro municipal de formación (A Gándara)10260Do 22 de febreiro ao 5 de maio.De L-V.
De 9 a 14 horas.
002Habilidades dixitais básicasAula Cemit (Xuvia)10100Do 29 de febreiro ao 5 de abril.De L-V
De 9:30 a 13:30 horas.
003Habilidades dixitais básicasAula Cemit (Xuvia)10100Do 29 de febreiro ao 5 de abril.De L-V
De 16:30 a 20:30 horas.
004Marca persoal:diferenciándome nas redesAula Cemit (Xuvia)1060Do 6 de abril ao 26 de abril.De L-V
De 9:30 a 13:30 horas.
  • Para máis información, contactar coas seguintes persoas do Servizo Sociocomunitario:
  • Ángela Lagoa: Teléfono: 981 337 700 ext. 1123
  • Ángel Álvarez: Teléfono: 981 337 700 ext. 2602.
  • Margarita Fresnillo: Teléfono: 981 337 700 ext. 1120
MÁS INFORMACIÓN: www.concellodenaron.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario