viernes, 15 de diciembre de 2017

BOLSA DE EMPREGO FEGAMP

A Federación Galega de Municipios e Provincias pedía a colaboración da Xunta no seo da Comisión Galega de Cooperación Local, para que abrise un procedemento que facilitase a selección de persoal interino para desempeñar postos de habilitación nacional nos concellos que o necesitasen.
O compromiso materializouse na creación dunha bolsa de traballo para dar solución a un problema que afectaba a moitos rexedores, que se vían impedidos de contratar persoal para os postos de habilitación nacional debido ao requisitos esixidos.
Tras esa petición feita pola Fegamp no mes de abril, o consello da Xunta de Galicia procedeu agora á aprobación da creación da bolsa de interinos que facilitará a cobertura de prazas vacantes nos concellos que ata agora se atopaban con moitas dificultades para facelo.
Establécese desta forma un procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para postos de habilitación nacional mentres non se cubran de forma definitiva as prazas ou mediante nomeamento provisional, comisión de servizos ou acumulación.
FEGAMP

No hay comentarios:

Publicar un comentario