miércoles, 21 de marzo de 2018

FORMACIÓN "PREPARACIÓN COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2" E "PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS" - CONCELLO DE NARÓN

O Concello mantén aberto o prazo para anotarse nas accións formativas Preparación Competencias Clave Nivel 2 (Matemáticas, Lingua castelá e galega) e Prevención de Riscos Laborais ata o vindeiro venres, día 23. Ambos están dirixidos a persoas desempregadas empadroadas en Narón e maiores de 18 anos.

O curso de Competencias Clave Nivel 2 (Matemáticas, Lingua castelá e galega) diríxese a un máximo de 15 persoas e está previsto que comece o 23 de abril e remate o 11 de maio, nas dúas edicións convocadas. En total impartiranse 60 horas de formación nas instalacións do Centro Municipal Irmás Froilaz, na Gándara. Para realizar esta acción formativa terán preferencia as persoas que se inscriban antes nas probas de avaliación en Competencias Clave para poder acceder aos certificados de profesionalidade Nivel 2 convocadas pola Xunta. Por este motivo, deberán entregar unha fotocopia da solicitude rexistrada no momento de anotarse na acción formativa que se impartirá en Narón.

Tamén se convocaron dúas edicións do curso de Prevención de Riscos Laborais, para un máximo de vinte persoas cada un deles. As clases, dun total de sesenta horas, desenvolveranse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, no caso da primeira quenda entre o 2 e o 17 de abril e a segunda do 24 de abril ao 10 de maio.

As persoas interesadas en asistir a estas convocatorias poden inscribirse no Rexistro Xeral do Concello –de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30- ou a través da Sede Electrónica do Concello

Para MÁIS INFORMACIÓN pódese consultar a web do Concello de Narón –a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/formacion/Anuncio-para-CC-e-PRL.pdf- ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 2602, 1123, 1120 ou 1107).

No hay comentarios:

Publicar un comentario