jueves, 28 de junio de 2018

BOLSA DE EMPREGO TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA RESERVADO A PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

A Xunta de Galicia vai activar unha bolsa de emprego temporal
reservada para persoas con discapacidade intelectual

O prazo para inscribirse nas bolsa de emprego temporal
comeza hoxe, xoves 28 de xuño,
e estará aberto ata o 15 de xullo.

As/os candidatas/os teñen que cumprir un requisito.
O requisito é que foran admitidas/os
nas oposicións que se convocaron no 2016
para a categoría de ordenanza do grupo V
de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

As persoas que se anoten neste bolsa de emprego
estarán ordeadas en función da puntuación que obtiveran nas oposicións.

Aquelas persoas que cumpran os requisitios
e estean interesadas en anotarse nas listas de emprego temporal
deberán presentar a instancia
que se pode descargar na web da Xunta de Galicia www.xunta.gal
no apartado Lista de Contratación:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes

PARA CONSULTAR A NOTICIA
PREMER SOBRE A LIGAZÓN
NOTICIA XUNTA DE GALICIA

Contacto dúbidas de xestión na presentación de solicitudes:
Teléfono: 012
Correo-e: 012@xunta.gal

No hay comentarios:

Publicar un comentario