viernes, 15 de enero de 2021

A Xunta de Galicia abre convocatoria de acreditación de experiencia profesional

 O Diario Oficial de Galicia (DOG n.º 8) publica o xoves, 14 de xaneiro de 2021 unha nova convocatoria para acreditar a experiencia profesional dos traballadores galegos. Trátase de 1.209 novas prazas e un total de 7 cualificacións. 




As 7 cualificacións son as seguintes:

 - Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 325 prazas 

- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 225 prazas

 - Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 150 prazas 

- Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 150 prazas 

- Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas

 - Vixiancia e seguridade privada (SEA029_2): 162 prazas, nas unidades de competencia UC0080_2 e UC0081_2

 - Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 47 prazas Nesta cualificación de Servizos para o control de pragas non se admiten novas solicitudes e só poden presentarse os que quedaron na lista de espera da anterior convocatoria. 

O prazo de inscrición é dende o día 15 de xaneiro de 2021 ata o día 11 de febreiro de 2021, ambos incluídos. 

Para máis información poden consultar na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no portal de Emprego: Premer na ligazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario