martes, 14 de marzo de 2023

O Centro de emprego de Ferrol oferta un curso para desempregados sobre comunicación en lingua galega nivel 2


 O Concello de Ferrol, a través do Centro municipal de Emprego, continúa ofrecendo cursos de formación para persoas desempregadas. O próximo, sobre Comunicación en Lingua Galega nivel 2, será entre o 22 e 31 de marzo en horario de 9 a 14 horas e cunha duración total de 38 horas.

Este curso ten un total de 15 prazas. As persoas interesadas, que deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), poderán inscribirse no Centro municipal de Emprego presencialmente (rúa Sagrada Familia, 56) ou a través do correo electrónico emprego@ferrol.es. A formación está cofinanciada pola consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta e polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Estes cursos de Competencias Clave diríxense a persoas que carecen da formaciónen ESO ou equivalente, e a súa superación permítelles acceder aos cursos de formación ocupacional para persoas desempregadas con certificado de profesionalidade de nivel 2, que representan a maior parte da oferta formativa. Pódese obter máis información en http://www.ferrol.es/emprego ou chamando ao centro: 981 944 195

No hay comentarios:

Publicar un comentario