miércoles, 24 de enero de 2024

Curso gratuito para persoas con discapacidade sobre mantemento e reperación de cadeiras de rodas

 Valórase ter coñecementos previos sobre a materia





A presente formación non está incluida dentro do ámbito da formación oficial regrada, tratáse dunha formación complementaria e/ou especializada, dirixida á adquisición de determinadas competencias, habilidades ou aptitudes de índole profesional.

O contido do curso versará nun primer módulo introductorio sobre os tipos de cadeiras de rodas e outros dispositivos de apoio a mobilidade. O longo do curso ensinarase cuestións sobre electrónica, mecánica e automatismo para poder aprender a identificar e reparar as averias máis frecuentes sobre todo nas cadeiras de rodas (baterías, motor, rodas…)

O curso, totalmente gratuito, tamén incorpora unha pequena formación sobre igualdade e novas tecnoloxías dun total de 216 horas.

Está previsto que o curso comence o luns 26 de febreiro e remate o día 22 de maio, realizando as clases en horario de tarde, na sede da ASCM en Ferrol (Esteiro),

As prazas son limitadas e a selección das persoas participantes realizarase entre as candidaturas que teñan a lo menos o 33% de discapacidade priorizando as que teñan coñecementos previos sobre a materia.  As persoas interesadas deberán apuntarse cubrindo, antes do 15 de febreiro, o seguinte formulario:  Pincha aqui.


No hay comentarios:

Publicar un comentario