lunes, 1 de septiembre de 2014

ABERTA A INSCRIPCION PARA OS NOVOS CURSOS DE VOLUNTARIADO

voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Aberta a inscrición para dous novos cursos de voluntariado: curso en liña: Curso de voluntariado. Nivel de especialización 2014 e curso presencial: Curso de iniciación á lingua de signos española para voluntarios 2014- VIGO

Curso en liña: Curso de voluntariado. Nivel de especialización 2014
[01-10-2014 - 31-10-2014]

O prazo de inscrición estará aberto do 1 ao 26 de setembro ás 14.30 horas

Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: sen límite

Contidos:
Módulo I. Participación social e acción voluntaria- O fenómeno da acción voluntaria
- Novas formas de participación social

Módulo II. Entidades de acción voluntaria- As relacións das entidades de acción voluntaria e as persoas voluntarias
- A dinamización e a xestión da acción voluntaria

Módulo III. Proxectos de acción voluntaria.
- A formulación de proxectos de acción voluntaria
- Exemplos de proxectos de acción voluntaria

Módulo IV. Sectores de actuación de acción voluntaria.
- Voluntariado de acción social
- O voluntariado no ámbito sociosanitario
- O voluntariado ambiental
- O voluntariado de dinamización rural
- Outros tipos de voluntariado en actividades de interese xeral

Módulo V. Marco normativo e de planificación da acción voluntaria en Galicia - Lei 10/2011 de acción voluntaria
- III Plan galego de acción voluntaria (2011-2014)

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de inscrición: do 1 ao 26 de setembro

Data de realización: do 1 ao 31 de outubro


Curso presencial: Curso de iniciación á lingua de signos española para voluntarios 2014- VIGO
O prazo de inscrición estará aberto dende o 1 ao 25 de setembro ás 14:30h.

Curso presencial: Curso de iniciación á lingua de signos española para voluntarios 2014- VIGODestinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 2

Nº. de prazas: 25

Contidos:
Módulo I. Rexistrámonos
Módulo II. Presentámonos a un casting signado
Módulo III. Convivir é compartir
Módulo IV. Quedamos cos amigos

Modalidade: Presencial

Lugar de impartición:
Vigo: Asociación de Personas Sordas de Vigo, R/ Romil nº22-24 baixo.
Data de realización: Vigo, os martes e os xoves do 2 ao 28 de outubro, de 16:30 a 19:00 horas

Formulario de inscrición
A través do seguinte formulario poderás inscribirte no curso. É obrigatorio cubrir todos os datos en MAIÚSCULAS e sen acentos.

1º - Unha vez cuberto o formulario, comproba que os teus datos son correctos e preme o botón ENVIAR.

2º De xeito inmediato, recibirás na túa conta de correo, unha mensaxe na que se che pide que VALIDES a túa conta de correo electrónico premendo na ligazón que aparece noutra cor e subliñado..

É conveniente que valides a conta antes de que finalice o prazo de anotación no curso xa que SELECCIÓN DOS/AS ALUMNOS/AS obedecerá á DATA DE VALIDACIÓN non á de inscrición.

3º Unha vez rematado o prazo de inscrición do curso, no caso de ser admitida a túa matrícula, recibirás un correo electrónico comunicando se estás aceptado no curso.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten establecido un mínimo de prazas por curso. En caso de non completarse, suspenderase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario