Santiago, 17 de xullo de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio polo
que se dá publicidade ao inicio do prazo de inscrición en listas para a formalización
de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de lavandeiro e pasador de ferro.
Con esta convocatoria incorpóranse dúas novas categorías ao proceso de selección
automatizada, consonte baremo, de aspirantes a nomeamentos estatutarios temporais
no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á
Consellería de Sanidade. Con este sistema simplifícase a tramitación do proceso e
dótase de maior axilidade e total transparencia á xestión da selección e chamamento
das persoas aspirantes para vinculacións de carácter temporal.
O acceso ás listas está aberto a calquera persoa interesada, incluído o persoal estatutario
fixo por promoción profesional, que reúna, en ambos supostos, os requisitos esixidos
na resolución de apertura do prazo de inscrición
Na actualidade son 28 as categorías que xa dispoñen de lista en funcionamento
consonte o novo sistema.
Procedemento de inscrición
As persoas interesadas que desexen solicitar a inscrición nestas listas deberán cubrir
unha solicitude, en modelo normalizado, que estará dispoñible na páxina web do Servizo
Galego de Saúde (www.sergas.es) no apartado de FIDES/expedient-e/sección de Procesos.
O prazo de inscrición iníciase o 18 de xullo e remata o 30 de agosto de 2014.
Logo de formalizada electronicamente a solicitude de inscrición, a persoa aspirante
deberá confirmala, asinala e presentala, xunto coa documentación requirida,
nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos
no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Están habilitados nos diversos centros de xestión do organismo puntos de
información e apoio administrativo co obxecto de resolver as dúbidas que
poidan xurdir e facilitar ás persoas interesadas a presentación da
solicitude de inscrición.
Mais informacion e documentacion:
No hay comentarios:
Publicar un comentario