A Deputación de Lugo convoca dúas bolsas formativas para colaborar no programa formativo de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico para o ano 2014 – 2015.
Requisitos:
Ser licenciado/a en Empresariais ou Grao en Empresariais
- Ser Licenciado/a en Económicas ou ter o Grao en Económicas
- Ser licenciado/a en Dereito/ Grao en Dereito
- Coñecementos informáticos.
- Ter experiencia na realización de análises estatísticos, económicos – sociais e culturais do territorio.
- Ter experiencia na posta en marcha de estratexias de desenvolvemento social, cultural e económico
- Ter coñecemento dos instrumentos normativos que regulan o municipio, a provincia e maila Comunidade Autónoma..
- Ter coñecementos en lingua galega (Perfeccionamento e/ ou celga 4)
As bolsas terán unha duración de 12 meses
O prazo de inscrición estará aberto ata o 4 de outubro de 2014.
Máis información no BOP de Lugo do 24 de setembro de 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario